PRESENTACIÓN LIBRO «Cantareiras»

Cuándo

7 de junio de 2025    
18:00 - 19:00

Hai libros que soan. Que teñen ritmo, memoria e raíz.

«Cantareiras» é un deles: unha fermosa viaxe polo legado da música e da poesía popular, un tributo á forza das mulleres que, a través da pandeireta e da palabra, foron gardiás da nosa cultura oral.

Trátase dun libro escrito por Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que honra a tradición das pandeireteiras. Que veñan presentar este traballo tan fermoso a Arrueiro é un auténtico privilexio que nos fai moitísima ilusión compartir.

Durante a presentación viviremos un intre de música, palabra e emoción.

Se che apetece pasar un ratiño rodeada de cultura, memoria popular e boa compañía, achégate e acompáñanos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *